Rachida Dati
Aparencia
Rachida Dati nada o 27 de novembro de 1965 en Saint-Rémy, é unha política francesa de centro-dereita.
Foi ministra de Xustiza tras a vitoria de Nicolas Sarkozy nas eleccións presidenciais de Francia de 2007, até o 23 de xuño de 2009. Desde entón e até 2019 foi eurodeputada pola circunscrición de Île-de-France. En 2020 foi candidata á alcaldía de París, contenda en que perdeu fronte á alcaldesa no cargo, a socialista Anne Hidalgo.
Actualmente é alcaldesa dun distrito parisiense e ministra de Cultura no goberno de Gabriel Attal.